Sobre Croliga

A información que presentamos é o resultado do traballo no proxecto de investigación Cronoloxía da Literatura Galega (1801-1900), CROLIGA, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade (FFI2012-37891).

O equipo estivo composto por Luís Caparrós Esperante, Leticia Eirín García, Teresa López (Investigadora principal) e Carlos Paulo Martínez Pereiro. Contou co apoio de Diego Rivadulla Costa, que traballou como contratado con cargo ao proxecto.

CROLIGA é unha cronoloxía da literatura galega que pretende proporcionar información contrastada sobre os autores e obras do período inicialmente seleccionado (1801-1900).

A información incluída comprende os autores e as autoras de obra literaria (co seu nome/s completo/s, datas de nacemento e morte), as súas obras publicadas en volume (coa referencia editorial completa: título, ano e lugar de publicación, editorial o imprenta) e o xénero literario a que pertencen. Na fase final do traballo incorporamos tamén unha selección de obras editadas en publicacións periódicas.

Agradecemos a colaboración de todas as persoas que queiran achegarnos suxestións e informacións para mellorar ou completar CROLIGA.

Forma de cita: López, Teresa (dir.) (2016-): Cronoloxía da literatura galega (1801-1900). Universidade da Coruña: [data da última revisión consultada: dd/mm/aaaa].

ISSN 2445-3692